Despois da ponte... volta á carga!

10.11.2013 18:44

Despois do descanso do último fin de semana, Ahadi volve coas pilas postas! Continúa lendo se queres saber o que fixeron.

Os Lobecos aproveitaron que hoxe era "o día do amigo" para celebrar o Samhain dunha forma moi divertida. Cada un trouxo a un amigo e todos viñeron disfrazados para a ocasión! O Samhain é unha festividade de orixe celta, polo que agrupáronse en tribus celtas e superaron diversas probas para conseguir os seus preciados talismáns. Tras estas probas e retos aos equipos contrarios... houbo unha tribu que se proclamou gañadora: a tribu dos Caledones! Dámoslle a noraboa tamén ás tribus Bituriges e Dardanis polo seu esforzo!

Despedimos a póla de Lobecos cunhas imaxes da actividade, non sen antes lembrar que teñen acampada a semana que ven, e o que tamén teñen son moitas moitas ganas!

 

Pola súa banda, os Pioneiros estiveron programando a súa acampada da vindeira semana. Marcharán o Venres día 16 a Caión, e pasarán unha divertida fin de semana que xirará en torno a unha gran marcha. Teñen planificado visitar a praia de Barrañan e as marismas de Baldaio, entre outros lugares. 

 

Despedímonos, pero non ata a semana que ven, xa que en breves faremos publicación especial da acampada que levaron a cabo os Rangers esta fin de semana.

 

Un saúdo e Boa caza!