Isto é o que fixo o Grupo este Sábado 16

20.11.2013 20:56

Con un pouquiño de retraso, chega a entrada sobre unha nova actividade do grupo!

Os Lobecos aproveitaron a semana da Ciencia na Coruña para visitar un gran Museo coñecido por todos: a Domus! E, aínda que había moitísima xente, non perderon a ocasión de aprender moitas cousas acerca do home, experimentar co seu oído, a súa vista, etc., sacarse unha foto co home máis alto do mundo, etc.

Aquí tendes unha pequena mostra gráfica do que fixo a pola, dende a súa chegada ata a volta á nosa base :)

 

Os Pioneiros, pola súa banda, fóronse de acampada a Caión, pero de momento non decimos máis! pronto vos contaremos como lles foi.

Voltamos este Sábado ao lugar de sempre, á hora de sempre!

 

Un saúdo e Boa Caza!