Primeira actividade da Xeira! 12.10.2013

14.10.2013 23:22

O Sábado pasado foi festivo, pero Ahadi non descansou! Queres saber qué fixeron as nosas pólas na primeira actividade?

Sigue lendo...

 

Os lobecos comezaron poñéndose ao día das súas vacacións. Montañas rusas, rutas por media España, experiencias de San Xoán... houbo historias para tódolos gustos! Tras isto, comezaron un xogo sobre o seu patrono: San Francisco de Asís.

Para conseguir a súa recompensa houbo que camiñar, cantar, pensar... pero finalmente conseguírono!! Aquí tedes algunhas imaxes da tarde:

Pola súa banda, os nosos Pioneiros aceptaron o reto de Ulises! Divididos en dous equipos realizaron unha carreira pola cidade, que os levou ao Orzán, María Pita, Zalaeta... e á Rosa dos Ventos da Torre de Hércules! O equipo gañador foi o de Víctor, Pablo e Marcos. Marcos non puido ter unha primeira actividade como pioneiro máis exitosa!

Ó remate da carreira, puidemos reflexionar sobre o noso camiñar, a través do poema Ítaca de Constantino Kavafis.

Foi unha primeira actividade chea de retos e diversión! Aquí os tendes!

 

 

Despedímosnos ata a semana que ven!!

 

Boa caza e Longas lúas