Segunda actividade! 19.10.2013

22.10.2013 14:50

Chegou o segundo Sábado de actividades con moitas choivas, pero isto non impediu facer unhas actividades moi divertidas e especiais!!

Os nosos lobecos pasárono moi ben este Sábado! como bos lobecos que son, repasaron a historia do Libro das Terras Virxes de Kipling, e fixérono dunha maneira moi orixinal: poñendo tódala súa imaxinación para representala de forma teatral! Dividíronse en grupos, os cales traballaron 3 partes distintas da historia, con caracterización incluída. Tras as representacións, superadas con nota, Bagheera mostroulle á manada un gran mapa, que decorará a nosa sala a partir de agora, onde se observan tódolos escenarios nos que se desenvolve a etapa do Lobeco!

Mirade que guapos estaban!

 

Por outra banda, os nosos rangers e pioneiros, co motivo do JOTA-JOTI, non se quedaron atrás e organizaron unha sede para disfrutar todos xuntos deste gran evento! Durante a nosa tarde, na aula de informática do Centro Cívico dos Rosales, competiron por superar o reto-joti no que se presentaban certas probas que outorgaban puntos, e mediante as que puidemos falar por webcam con Scouts doutras partes do mundo (México, Venezuela, Noruega...) entre outras cousas.

Aquí tedes unha mostra do JOTA-JOTI!!

Rangers e pioneiros aproveitan para animar a outros scouts a que no próximo ano se animen a participar con nós, ou dende as súas casas mediante o chat!

 

Sen máis, despedímosnos ata a semana que ven!!

 

Un saúdo e boa caza!