Nova actividade antes do descanso! 26.10.2013

29.10.2013 23:23

Benvidos de novo! Este sábado houbo dialogo e creatividade en Ahadi... sabes por que?

Os Lobecos comezaron a actividade facendo unha primeira "Asamblea de Manada", e vai entre comiñas xa que as seisenas aínda non están oficialmente formadas. Nesta asamblea tratáronse moitos temas propostos polos rapaces (campamentos, promoción, churrascout, decoración da sala, etc.)

Participaron moito e sacáronse bastantes ideas e conclusións respecto a estes temas! E para mover un pouco o corpo despois de traballar, rematou a actividade con varios xogos!

En canto aos nosos Rangers, adicaron a súa actividade en facer algo máis acolledora a súa sala! Pintaron as columnas de azul, que é a cor da súa póla, pasárono moi ben e a tarde pasou voando para eles! Tanto foi o seu empeño en facer todo ben que non lles deu tempo a rematar, así que deixaráse para despois da ponte!

Queres ver a maña que teñen? aquí vai unha mostra!

 

Despedímosnos ata dentro de dúas semanas, lembrade que este Sábado non haberá actividade debido ao festivo do Venres.

 

Un saúdo e boa caza!